![]() |
margaritas a los cerdos |
![]() |
TorturadosEu loito pola libertade,eu conto coa razón e a ilustración. Non minto, son un estratega Non minto, son político de altura Eu fago o que fago polo ben do mundo Deus está ó meu lado e os bos corazóns Non minto, son un home de ben Non minto, teño unha ética elaborada Eu sinto a dor dos homes pero son un político de altura, síntoo. Non minto, so son un home de ben Non minto, so fago o que teño que facer Síntoo de verdade, pero ás veces hai que actuar, ás veces hai que matar, hai que torturar, ás veces hai que bombardear, matar de fame, os estrategas temos que actuar de contado, sen dilación, temos que matar cruelmente, síntoo. Moitas veces, Na misa de dez Penso no difícil do meu traballo Tanto sangue, tanta crueldade, tanta dor .... Pero eu teño, Teño que ser un miserable, un asasino, Teño que ser abominable, Grandes razóns de estado, Grandes teorías morais, Grandes empeños Me levan a facelo, Síntoo de verdade, síntoo. *** este non llo adico á miña nai. Non llo adico a Helena, tampouco a Marcos que o mellor me le. Este adícollo a eses anónimos amontonados das fotos que hoxe divulgan as axencias. A eses tristes iraquís que nunca veremos protagonizando unha das nosas teleseries, ou un anuncio, que nunca veremos vestidos de marca nunha revista de moda, que, en definitiva, non pertencen ó noso mundo. 2004-04-30 a las 01:00 | ElDa | 8 Comentarios | # Referencias (TrackBacks)URL de trackback de esta historia http://elda.blogalia.com//trackbacks/18148
Comentarios
|
Archivos
Documentos |
![]() |
|
![]() |