A cadea Ser e o fútbol
Son oínte da cadea Ser.
A Ser como os outros grupos de comunicación adoptan liñas editoriais que poden ser máis ou menos dignas. Ó marxe desto, a principal "liña ideolóxica" da cadea Ser é loxicamente a maximización de beneficios empresariais.
Os grandes capitalistas nos seus obxectos de desexo coinciden (no sentido de "pasaba por aquí") co fascismo (falo de fascismo en sentido riguroso, que hoxe se lle chama fascismo a calquera cousa...) de distintos signos porque a ambos lles interesa a masa (grupos de indivíduos movidos polo mesmo instinto) canto máis homoxénea mellor.
Hai cousa dun par de meses, con ocasión dun partido da selección española de fútbol escoitei no programa de José Ramón de La Morena (“El Larguero”) a un tertuliano emocionarse co himno de España cantado por miles de almas e dicir en tono simplón, esaxerando o acento castizo (coincidencia cos fascismos, José Bono tamén o fai) algo así como joder el que no se emocione con esto es un ... joder perdonad pero es que no lo entiendo... Nese momento todos se debatiron entre o políticamente correcto e a emoción verdadeira dun compañeiro de fatigas; hai tan escasos momentos de realidade na radio e na tele que todos acabaron por darlle a razón. Esto pasaba na cadea Ser.
Se non fora pola cadea Ser e o seu grupo (PRISA) practicamente tódolos medios de comunicación en España serían de dereita ou “centro-dereita”.
Onte Gemma Nierga (“La Ventana”) falaba do seu compi Joserra e da paradoxa (ó seu ver) entre o fútbol-festa (de Joserra e colaboradores) e o fútbol alienante de outros (v.g. grupos ultras).
Pois eu penso que o fútbol-festa de Joserra é especialmente alienante.
E que é problema de polisemia. Se lle chamamos fútbol-masa, para desface-la polisemia, a ese espectáculo mediático hiper-retransmitido que se celebra (en primeira instancia) nun moderno circo con milleiros de persoas, o fútbol-masa é alienante. Elias Canetti en “Masa e Poder” (Alianza) acude á imaxe dun estadio onde o home-masa se reflicte nos centos de pequenas cabezas que ten xusto diante e que se levantan ou gritan cáseque ó mesmo tempo: nunca un home-masa sentíu tan intimamente a Grande Unión, a disolución na masa.
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://elda.blogalia.com//trackbacks/11854
Comentarios
1
|
De: Vendell |
Fecha: 2003-10-10 05:26 |
|
Curioso. Tamén di Canetti que a xente se refuxia na masa fuxindo da certeza da morte.
Por certo fillo, canto máis o leo menos o vexo e, a verdade, non sei se quedarme co seu ser literario ou con esa realidade resalá á que xa nos ten acostumados.
|
2
|
De: Anónimo |
Fecha: 2003-10-15 17:27 |
|
Criticar o futbol e facil, sobre todo cando a un non lle resulta divertido. pero gustariame a min que alguien me falara dun espectaculo que non poida acabar dese modo. A min o futbol gustame, e gustame como deporte, como acto social, como conversacion sin consecuencias e como moitas outras cousas. Estou totalmente dacordo en que non se lle deberia dar tanta importancia mediatica, pero que se lle este dando mais importancia da que merece e que o futbol en si sexa alienante non é o mesmo.
|
3
|
De: ElDa |
Fecha: 2003-10-15 22:39 |
|
Querido Anónimo:
A min gústame o fútbol. Gústame xogalo e velo. O que pretendía era diferenciar o fútbol como deporte divertido e o fútbol-masa como espectáculo alienante. Eo querido Anónimo, ós resultados me remito; agora, entre todos, analisémolas causas.
|
4
|
De: anonimo |
Fecha: 2007-04-10 21:14 |
|
no es justo pobres animales ai que aser algoç
|
5
|
|
Un dispensador de agua en su oficina o en su hogar le permitirá tener agua fría, caliente o natural todo el día. No deberá preocuparse nunca más por ir a comprar agua, se la llevamos a su domicilio sin cargo.
Atte.: Shawn
|
6
|
|
There is a lot of new information coming to light and it would be useful if you could give some updates since your opinion is so valued.
|
|
|
< | Febrero 2021 | |
Lu |
Ma |
Mi |
Ju |
Vi |
Sa |
Do |
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
9 |
10 |
11 |
12 |
13 |
14 |
15 |
16 |
17 |
18 |
19 |
20 |
21 |
22 |
23 |
24 |
25 |
26 |
27 |
28 |
|
|
|
|
|
|
|
Documentos


|